Pestanas principais

Centro Ecuestre La Croupe

Pegariños. Parroquia de Ames

Centro de equitación homologado pola Real Federación Hípica Española. Está situado nunha parcela de 12.000 metros cadrados onde dous profesores titulados ofrecen clases de hípica para todas as modalidades, niveis e idades, así como actividades para colexios. Posúen un camión propio para os desprazamentos ás competicións. Dispón de tres pistas para prácticas , 20 boxes de 3x3 para pupilaxe e padocks para a solta diaria dos cabalos. Conta cunha escola taller para tratadores de cabalos e un centro de cría e recuperación para este animais. Ademais ofrece servizos de doma e adestramento de poldros e cabalos para calquera disciplina. Na súa eguada, CDE (cabalos de deporte español), contan con sementais e con eguas de cría. La Croupe posúe tamén un servizo de venda.

Outros datos:

Contacto: 652 036 157 - 693 639 514
E-mail: c.e.lacroupe@hotmail.com