Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

A asociación cultural de Pedrouzos, Lamas e Vilar organizan para este sábado, 7 de setembro, a primeira edición da Festa dos Muíños das Tres Aldeas. Colaboran os departamentos de Cultura e Medio Ambiente do Concello de Ames, así como a tenda Hello Cooking. Haberá unha visita guiada polas mulleres das Tres Aldeas, que foron usuarias dos muíños e últimas portadoras desa memoria viva do concello. Ademais, farase por primeira vez unha Olimpíada Rural para que toda a veciñanza probe as súas destrezas nas habilidades do rural. E como non, retomarase o Concurso de Masas e Repostería.

Dende a asociación cultural Os Castros convídase ao alumnado, socios/as, e á veciñanza amesá en xeral que estea interesada, a participar no tradicional xantar – foliada que organizan todos os anos. Nesta ocasión será o vindeiro 27 de maio no campo da festa de Ortoño. Haberá inchables para os nenos e nenas dende as 12.00 horas e moita música. Para participar nesta xornada haberá que mercar entrada do 8 ao 19 de maio. O prezo das entradas vai dos 8 aos 35 euros dependendo de se es alumno/a, socio/a, menor ou unha persoa adulta.

Este domingo, 25 de agosto, o lugar de San Xoanciño de Pousada honrou á Virxe de Lourdes cun conxunto de tres alfombras florais, elaboradas por membros da Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada, e co apoio da veciñanza de varios lugares do concello. Ás 13.00 horas houbo unha misa solemne e a correspondente procesión sobre a alfombra floral. Actuaron o Coro parroquial de Ames e Piñeiro e maila Asociación cultural Os Castros.

A asociación de veciños e veciñas O Reguiño, de Raíces e Casanova, puxo en marcha unha nova iniciativa para este Entroido. Consistiu nun concurso de disfraces, no que se valoraría se eran reciclados,  onde todas as familias puideron participar a través da aplicación de Whatsapp. Os/as participantes tiveron que enviar as súas fotos a través de dita aplicación. Ademais, os nenos e nenas destes lugares da parroquia de Buduído recibiron doces que repartiron dende a asociación.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames, programou novos cursos que comezarán a impartirse a partir do 19 de abril. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que imparte, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames programou novos cursos telemáticos para os meses de xaneiro, febreiro e marzo dirixido a adultos. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.

A Banda da Loba dará un concerto que completa a programación do mes das Letras Galegas en Ames. O espectáculo de música “Fábrica de Luz” é un homenaxe a Xela Arias, escritora á que se adica o Día das Letras Galegas deste ano. A actuación, de balde, será na praza de Chavián, en Bertamiráns, este xoves 27 de maio ás 21.00 horas.

As máis de 2.000 persoas que xa están rexistradas na Billeteira electrónica do Concello de Ames poderán ver dende hoxe un novo deseño da web, que engade novas funcionalidades, como a compra de bonos culturais, ou a mellora na navegación pola páxina. A Billeteira mellora desta maneira tanto a súa accesibilidade, con máis facilidades para as persoas con discapacidade visual, como a súa adaptación ás plataformas móbiles, como tablets ou teléfonos. O redeseño presentouse na Casa da Cultura de Bertamiráns, coa intervención da concelleira de Cultura, Natividade González; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez, e Brais Martínez, da empresa Sdweb, encargada de de desenvolver a Billeteira.

A campaña “Vive o Nadal” que desenvolve o Servizo de Animación á Lectura da Biblioteca Municipal en colaboración coas librerías Lenda, Máinomen e Huargo Artis, de Bertamiráns, e maila a papelería O Tinteiro, do Milladoiro está tendo unha boa acollida, tal e como o demostra a cantidade de vales entregados até de agora polos libreiros e libreiras amesás. A campaña remata o cinco de xaneiro. Até ese momento, calquera persoa que merque un libro nas devanditas librarías recibirá un vale que lle dará dereito a participar nun sorteo de 32 premios de 25 euros para canxear por libros. En total repartiranse 800 euros. O sorte levarase a cabo o 8 de xaneiro, ás 12:00 horas nas sedes das bibliotecas municipais en Bertamiráns e Milladoiro.

Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames, conta coa moi boa acollida por parte da veciñanza amesá. O curso infantil de Scratch foi a última actividade programada que se realizou durante o Nadal. Neste obradoiro online participaron 40 persoas. Ademais, o pasado 2020 a Aula Cemit abriu unha canle en YouTube, canle que conta con 139 subscritores (90 subscritores novos); 112 directos; 5.900 visualizacións (media de 52 por vídeo); e 2.100 horas de vídeo visualizadas (media de 19 por vídeo).

Eventos del departamento

Segunda das proxeccións incluidas na programación da quinta edición do Ames Jazz, con "Keith Jarrett: The Art of Improvisation", un traballo que xira en torno á figura do pianista e a súa improvisación jazzística. Será no Pazo da Peregrina ás 20:00 horas.

Chega o segundo dos concertos do Ames Jazz. O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle ás 22:30 horas a actuación de Límbico, un proxecto instrumental do guitarrista e compositor Iago Marta no que mostra as súas ideas e preocupacións musicais, tentando sumar todas as influencias ás que estivo exposto ao longo da súa carreira como intérprete.

O Ames Jazz volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición, e repite formato. Por segunda vez na súa historia, o festival durará dous días, o venres 7 e o sábado 8 de xullo, e conta, ademais de cos habituais concertos, coa proxección de dous documentais que gardan relación co xénero musical. Na primeira xornada emitirase "Jazz en liberdade", nos interiores do Pazo da Peregrina, ás 20:30 horas. Dirixido polo galego Xes Chapela, o documental amosa como a vila mariñeira de Cangas se converte no epicentro da música jazz na Península Ibérica, contando non só cun dos festivais do xénero máis lonxevos do país, senón tamén con numerosos músicos de jazz. “Jazz en liberdade” obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental. Ademais, na peza saen varios dos músicos que tamén estarán presentes esa noite no escenario.

O Ames Jazz volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición, e repite formato. Por segunda vez na súa historia, o festival durará dous días, o venres 7 e o sábado 8 de xullo, e conta, ademais de cos habituais concertos, coa proxección de dous documentais que gardan relación co xénero musical. Na segunda xornada emitirase "Lady be good - instrumental women in jazz". Trátase dunha peza da directora Kay Ray, na que se amosan as complicados obstáculos aos que se tiveron que enfrontar as mulleres americanas instrumentistas de jazz entre as décadas de 1920 e 1970.

A quinta edición do Ames Jazz ábrese coa proxección de "Thelonious Monk: Straight, No Chaser", unha biografía desta lenda do jazz que inclúe metraxe de concertos e entrevistas. Será no  Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 20:00 horas.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o primeiro dos concertos da quinta edición do Ames Jazz, ás 22:30 horas, con  Xacobe Martínez Antelo Quinteto. Unha formación totalmente renovada e na que buscará equilibrar o pasado, con todo o repertorio persoal deste contrabaixista compostelán, co presente e o futuro, no que prepara o lanzamento do seu próximo traballo discográfico.

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 8, e o martes 14 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que mostrarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre de clases. Deste xeito, o alumnado poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. As audicións serán inauguradas polos alumnos de guitarra o mércores 8, ás 17:00 horas, na aula 10.

Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas como o taller de stop motion, de maquillaxe de efectos especiais ou a festa dos videoclips.

O sábado 11 segue o Festival de Cinema Miúdo coa Casa da Cultura de Bertamiráns como epicentro das actividades. Remata a xornada ás 18:45 horas coa proxección da longa “A galiña Turuleca”. Os convites xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.

Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas como o taller de stop motion, de maquillaxe de efectos especiais ou a festa dos videoclips.

O domingo 12 será a última das xornadas de Cinema Miúdo. Durante esta xornada o festival trasládase á Casa da Cultura do Milladoiro. O acto de clausura do Festival e a entrega de premios comezará ás 18:00 horas, novamente con Loly Gómez e mailo ilusionista Carlos Tomico. Os convites xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.

Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas como o taller de stop motion, de maquillaxe de efectos especiais ou a festa dos videoclips.
O sábado 11 segue o Festival de Cinema Miúdo coa Casa da Cultura de Bertamiráns como epicentro das actividades. Ás 17:45 horas, proxectarase unha selección de curtas da produtora OQO. Os convites xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.