Solapas principales

>Xornada de baile, combat e ioga

Martes, 31 agosto, 2021
Ás 20.30 horas

Ás 20.30 horas, o martes 31 de agosto, celebrarase unha xornada de clausura do programa "Saúde nas prazas". O Departamento de Promoción da Saúde, en colaboración ca empresa BeOne, invita a acudir a todos os veciños e veciñas á  praza da Horta de Arriba, xunto á piscina de Bertamiráns, onde se impartirán sesións de baile, combat, ioga e unha merendola saudable. Non é preciso inscrición previa.

 A través deste proxecto preténdese achegar e fomentar hábitos de vida saúdables á veciñanza de Ames, de todas as idades, dun xeito lúdico e divertido para coidar a saúde física e emocional.