Solapas principales

>Teatro: Sofía e as Postsocráticas

Viernes, 20 noviembre, 2020
Ás 21.00 horas.

A programación teatral do segundo semestre de 2020 presenta o 20 de novembro, da man de Producións Teatrais Inversa Teatro, Sofía e as Postsocráticas. O evento terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 21.00 horas.

Trátase dunha peza de teatro contemporáneo, de 60 minutos de duración, quer trata sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato.

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trátase de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que se faga o cálculo do que é ou o que non é violencia machista.  O espectáculo conta tamén con elementos audiovisuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema.

Por mor da Covid-19 o aforo será limitado para poder manter a distancia de seguridade entre os espectadores. Ademais, adoptáranse as medidas hixiénico – sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias. Na Casa da Cultura de Bertamiráns haberá espazo para 75 espectadores.