Solapas principales

>Teatro: "O Premio"

Viernes, 1 octubre, 2021
Ás 20.30 horas

O venres 1 de outubro, ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns, representarase a obra para adultos "O Premio". Trátase dunha comedia da compañía La Quintana. Reserve o seu convite na billeteira electrónica.

"O Premio" é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en “O Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.

"O Premio" é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”. Tres finais posibles en función do desexo do público.