Solapas principales

> Sesións de contos en Bertamiráns

De Martes, 15 Noviembre, 2022 hasta Jueves, 17 Noviembre, 2022
ás 17:30 horas

“Contando e croando” é unha das propostas de animación á lectura infantil de novembro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 8, 9 e 10 de novembro, mentres que en Bertamiráns parará os días 15, 16 e 17, sempre a partir das 17:30 horas.

O prazo de inscrición estárá aberto para as sesións na biblioteca de Bertamiráns do 7 ao 12 de novembro, chamando ao 981 88 48 29 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.