Solapas principales

> Sesións de contos en Bertamiráns

De Miércoles, 18 Mayo, 2022 hasta Viernes, 20 Mayo, 2022
ás 17:30 horas

“Vexo-vexo, que ves?” é a proposta de maio de narrativa oral das bibliotecas de Ames para as crianzas de 3 a 8 anos. A actividade contará con tres sesións de contacontos, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, sempre ás 17:30 horas. No Milladoiro a actividade desenvolverase os días 4, 5 e 6 de maio, mentres que en Bertamiráns terá lugar os días 18, 19 e 20.

O prazo de inscrición para as sesións na biblioteca de Bertamiráns estará aberto dende o luns 9 ata o sábado 14 de maio, chamando ao 981 88 48 29 ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal.