Solapas principales

>Ruta SaudeAndo solidaria en Bertamiráns

Viernes, 18 diciembre, 2020
Ás 17.30 horas.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana soliadria por Bertamiráns. Deste xeito, o venres de 18 de decembro, a ruta comezará ás 17.30 horas no centro de saúde. Para participar é imprescindible inscribirse previamente.

Esta actividade solidaria, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, son rutas circulares de dificultade media–baixa, cunha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Para participar na andaina é imprescindible inscribirse previamente e estar o día 18 no centro de saúde ás 17.30 horas.

A través desta actividade,  SaúdeAndo ten como obxectivo a promoción da actividade física e a redución do sedentarismo entre os e as amesás de todas as idades, unha práctica entretida cunha importante repercusión na saúde.