Solapas principales

> Obradoiro de elaboración e colocación de caixas niño

Sábado, 26 marzo, 2022
de 11:00 a 18:00 horas

O sábado 26 de marzo a Aula da Natureza celebra un obradoiro de elaboración e colocación de caixas niño, dirixido a todos os públicos. A proposta tratará de dar a coñecer ás aves insectívoras, chaves para o equilibrio dos ecosistemas e para a agricultura. A actividade desenvolverase de 11:00 a 18:00 horas na Aula da Natureza, e conta con 25 prazas, con servizo de autobús dende Bertamiráns e o Milladoiro. Para inscribirse, cómpre enviar esta ficha de inscrición ao correo auladanatureza@concellodeames.gal.

En Bertamiráns, dende o Pazo da Peregrina, os autobuses sairán ás 11:15 e volverán ás 17:45 horas. Pola súa parte, dende a Casa da Cultura do Milladoiro, a ida e a volta terán lugar ás 11:00 e ás 18:00 horas.