Solapas principales

>Obradoiro de Elaboración dunha vulva-puff

Sábado, 23 octubre, 2021

Celébrase no prazo da Peregrina entre as 16:00 e as 20:00
Os obradoiros están dirixidos a persoas mozas dende os 14 anos, e conta con prazas limitadas.
Para inscribirse débese enviar a ficha de inscrición cuberta.
O prazo para inscribirse está aberto desde o 13 de outubro.
Hai que facelo a través do enderezo electrónico  con.sentido@agasex.org

A través deste obradoiro preténdense romper mitos acerca dos xenitais e impulsar unhareflexión para transgredir certos estereotipos da anatomía que forman parte do lastre que levan mulleres e homes na concepción da súa propia sexualidade. O reto desta actividade radica nun exercicio de reflexión, en internarse nos modos no que mulleres e homes se conciben, se representan e entenden os seus xenitais a partires do exercicio da súa sexualidade e da vida en sociedade; a partir de aí
proponse a elaboración e creación artística do modo no que a mocidade concibe os xenitais. A creación artística consistirá na elaboración dun puff con forma de vulva.
O exercicio servirá para discutir e cuestionar as ideas preconcebidas e estereotipos que o grupo poida ter sobre os xenitais.