Solapas principales

> Obradoiro Aloute Machine

Viernes, 29 octubre, 2021
Ás 17:30

O obradoiro versa sobre a imprenta.
Está dirixido á rapazada de 3º a 6º de primaria
O obradoiro desenvolverase o venres, 29 de outubro, ás 17:30 horas na biblioteca de Milladoiro
O prazo para inscribirte está aberto desde o día 11 até o día 20 de outubro.
As inscricións pódense tramitar teléfonos 981 53 08 07 e  981 88 48 29 ou a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.

A través do xogo, os/as asistentes aprenderán como se facían os libros antano e poderán levar para casa unha mostra do traballo realizado no obradoiro con prensas de impresión antiga, rolos, tinta e papeis.