Solapas principales

> Novo circo: "Drop"

Viernes, 4 febrero, 2022
ás 20:30 horas

O itinerario cultural de Ames do primeiro semestre de 2022 seguirá en febreiro con “Drop”, da compañía Pistacatro. Recomendada tanto para público adulto como para rapazada a partir de 10 anos, “Drop” é un espectáculo de novo circo, con teatro, música en directo e malabares, chaves na obra para facer unha comparación coa vida e os equilibrios que todos e todas facemos en certos momentos. Será o venres 4 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse xa a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Espectáculo de teatro e malabares con música en directo.

"Drop" é un espectáculo de malabares, pero tamén é un espectáculo de malabaristas.

Persoas que desenvolven unha calidade especial para manter obxectos flotando no ar. Por iso "Drop" compara os malabares coa vida para lembrarnos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas.