Solapas principales

> "Monte Tanto" I Feira do Monte en Trasmonte

Sábado, 23 octubre, 2021
Ás 11:30

Xornada de portas abertas de gandeiría extensiva, exposicións de cogomelos, colmeas antigas e modernas, panais e instrumentos de apicultura e pequenos froitos, presenza de artesáns da cestería e da madeira, mostra dos cereais que se poden cultivar no monte, degustacións de froitos e aceites compoñen a oferta da I Feira do Monte que, organizada pola concellaría de Medio Ambiente, desenvolverase na parroquia de Trasmonte o vindeiro sábado, 23 de outubro. A Feira, que nace con vocación de continuidade, ofrecerá durante todo o día, e co obxectivo de combater o frío, castañas asadas.

A I Feira do Monte nace coa intención de valorizar e dar importancia á diversidade das fragas mixtas e amosar a gran variedade de produtos que obtemos delas.