Solapas principales

>Festa do Apego de Ames

Viernes, 11 septiembre, 2020
A partir das 17.00 horas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza a primeira Festa do Apego de Ames, que se desenvolverá o venres, 11 de setembro, pola tarde e mais o sábado 12 durante todo o día. As actividades desenvolveranse no Pazo da Peregrina e na Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá teatro infantil, contos, cantos de berce, concertos, unha foliada e moitas actividades máis. O prazo de inscrición para participar nas diferentes actividades que se organizan está aberto ata o mércores 9 de setembro.

Este programa, que xa está moi consolidado entre as familias de Ames, vai ofrecer o que será a primeira festa do Apego de Ames. O Pazo da Peregrina e mais o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerán as diferentes actividades desta gran festa. As actividades comezarán o venres, 11 de setembro, ás 17.00 horas, no Pazo da Peregrina, co obradoiro de cantos de berce O son que me arrola, que contará con música en directo. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos.

As actividades do venres continúan ás 19.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns coa obra de teatro Ris Ras, da compañía Baobab Teatro. Trátase dunha viaxe musical a través de xogos, enredos e outras historias, que está dirixida a nenos e nenas de 0 a 8 anos. Preme nesta ligazón para desargar o programa completo.

Actividades permanentes
Ao longo de todo o día haberá dúas actividades que estarán de xeito permanente, en horario de 10.00 a 20.00 horas, no Pazo da Peregrina. Unha delas será o Espazo Apego, con información sobre o programa Apego e os recursos que a pon a dispor das familias. A outra actividade permanente será o Espazo recursos, no que haberá unha ampla mostra de recursos para facilitar a crianza en galego (contos, música, xogos…) e asesoramento a cargo de Fabaloba.