Solapas principales

>Exposición: Mindjer di Guiné

De Lunes, 2 Septiembre, 2019 hasta Domingo, 15 Septiembre, 2019
De 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas

Dende o luns, 2 de setembro, e ata o día 15 de setembro, está exposta na Casa da Cultura de Bertamiráns a mostra Mindjer di Guiné: Miradas desde Guinea-Bissau. A mostra pódese visitar de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.

Esta mostra reúne vinte instantáneas que buscan poñer en valor a visión feminina da contorna. As autoras captaron coa súa cámara desde situacións cotiás ata a repercusión que os proxectos de cooperación internacional teñen nas súas vidas, ao facilitarlles o abastecemento de auga. Ao tempo, as e os espectadores empatizarán coa realidade do país lusófono desde o punto de vista da súa poboación, concretamente das mulleres, que loitan por seguir avanzando en condicións moitas veces pouco favorables.