Solapas principales

> Expedición e renovación de DNIs en Bertamiráns

Lunes, 11 julio, 2022
de 9:00 a 12:00 horas

Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co fin de facilitar a renovación ou a expedición do Documento Nacional de Identidade (DNI) á veciñanza. Neste senso, estarán o próximo luns 11 de xullo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, de 9:00 a 12:00 horas, con 70 citas dispoñibles. O prazo para solicitar unha cita de renovación ou expedición de DNI abrirase o luns 4 de xullo e permanecerá aberto ata o venres 8 de xullo. A xente interesada debe escribir ao enderezo electrónico gabinete@concellodeames.gal ou chamar ao 881 074 730, aportando nome e apelidos, número de DNI en caso de renovación e un teléfono de contacto.