Solapas principales

> 8M | Encontros Literarios en Ames: Ana Veiga

Jueves, 3 marzo, 2022
ás 20:30 horas

As bibliotecas municipais amesás acollen no seu terceiro encontro literario do ano á escritora Ana Veiga, que presentará o seu primeiro libro “La sonrisa permite respirar al alma”. Será este xoves 3 de marzo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:30 horas. Acompañarán á autora Josefa F., amiga da escritora, e a pandeireteira María Fabiola, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González, e a concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo. O evento, con entrada libre ata completar aforo, é parte da programación do 8M do Concello de Ames.

“La sonrisa permite respirar al alma”, da Editorial Tepublicamos, é o primeiro libro da escritora amesá Ana Veiga. Un libro de relatos curtos que busca motivar, axudar, apoderar ás mulleres que teñen unha discapacidade ou que están pasando unha doenza. A través de máis de cen relatos, a autora conta como as súas vivencias lle ensinaron que a través da dor se pode chegar a ser máis forte, a ser unha persoa coa empatía suficiente como para entender todos os medos ás que as persoas con enfermidades crónicas están destinadas. Pero, sobre todo, aprendeu a sacar cousas positivas dos peores momentos e a nunca deixar de arriscarse.

Ana Veiga é unha escritora amesá que se estrea con este libro no mundo da literatura. Un mundo ao que chega de xeito casual tras publicar algúns dos seus relatos nas redes sociais. Con “La sonrisa permite respirar al alma” a escritora conta parte da súa experiencia vital, para así axudar ás mulleres que como ela sofren unha discapacidade ou unha doenza.

No encontro literario acompañarán á autora a súa amiga, Josefa F, que vai ler algún dos relatos que conforman o libro e a pandeireteira, María Fabiola, que vai interpretar “Sororidade”; un canto á solidariedade entre mulleres. O acto que forma parte da programación do 8M do Concello de Ames estará presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González e pola concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo.