Solapas principales

> Coworking A Proa: taller de iniciación na creación de webs

Jueves, 24 noviembre, 2022
Ás 12:00 horas

O espazo colaborativo “A Proa”, situado na rúa das Hedras, na entrada do parque empresarial Novo Milladoiro, continúa co seu ciclo de actividades. Este xoves, 24 de novembro, ofrecerase a actividade “Wordpress en acción”, un taller práctico para emprendedores no que os participantes poderán aprender a configurar unha páxina web básica. Será ás 12:00 horas no espazo do coworking, e estará impartido pola deseñadora web Luján Kubrusli.

Entre todos os asistentes sortearase unha web, e o gañador poderá desfrutar de maneira gratuíta da configuración e do deseño dos que se fará mostra no taller. A entrada á actividade é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas e é necesario inscribirse premendo nesta ligazón.