Solapas principales

> Concerto de SANTA ICÍA

Viernes, 22 noviembre, 2019
Ás 19.00 horas

Concerto organizado pola Asociación Cultural Antonio Santomil na Casa da Cultura de Bertamiráns. Acturán, por este orde: A Coral Polifónica Eixil de Cedeira, As Pandereteiras de Costaneira e a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido (organizadora do evento).

O concerto, que terá unha duración de aproximadamente unha hora, contará con sorpresas como unha canción conxunta entre a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido e as Pandereteiras de Costaneira.

Ademais todos os asistentes poderán desfrutar no centro social de Bugallido de pinchos, viño e refrescos para conmemorar a festa da patroa da música.

Está organizado pola Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido coa colaboración do Concello de Ames e da Deputación da Coruña. A entrada é de balde ata completar aforo.