Solapas principales

>Concerto de Pakolas

Viernes, 10 diciembre, 2021

Ramona Órbita aterra en Ames o venres 10 de decembro. O mes de decembro comeza cun concerto de Pakolas ás 18:00 horas na Casa sa Cultura do Milladoiro. A entrada é de balde

Concerto cheo de humor no que coñeceremos as aventuras de Ramona Órbita e a súa máquina do tempo e co que aprenderemos, cantaremos e gozaremos a ritmo roqueiro. O concerto está dirixido a un público familiar. Para participar hai que inscribirse do 2 ao 9 de decembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.