Solapas principales

>“CeibaRimas” no anfiteatro do Milladoiro

Viernes, 28 agosto, 2020
Ás 18:00 horas

O anfiteatro do Milladoiro acolle hoxe o obradoiro de rimas en galego “CeibaRimas” que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Consellaría de Política Social da Xunta e Galicia en colaboración coa OMIX de Ames. Trátase dun proxecto de rap improvisado en galego que ten como obxectivo prioritario a normalización da lingua galega entre a mocidade.

Fran, rapeiro do grupo Rebelión do Inframundo, será o encargado de dinamizar o obradoiro en Ames.

Por mor da COVID19, e para seguir estritamente as normas de seguridade, o grupo que participará no obradoiro redúcese a 15 persoas máximo. As persoas que queiran inscribirse poden facelo xa a través da páxina web www.ceibarimas.gal.