Solapas principales

>Campamento da Aula da Natureza

De Martes, 27 Diciembre, 2022 hasta Viernes, 30 Diciembre, 2022
A partir das 11:00 horas

A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, un "Campamento de natureza", que se celebrará entre os días 27 e 30 de decembro, e que vai dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos. Hai un límite de 30 prazas, polo que é necesario inscribirse enviando a ficha que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal

O horario do campamento será os catro días de 11:00 a 18:00 horas, e celebrarase na Aula da Natureza (no lugar de Quintáns, na Ameixenda). Para os desprazamentos ata alí haberá servizo de autobús. Os asistentes crearán decoración sostible de Nadal e xoiaría primitiva, e tamén poderán desfrutar de actividades de cociña e de xogos e saídas pola contorna da Aula.