Solapas principales

> Brincadeiras Miúdas con “Xogos do Paporrubio” no pazo da Peregrina de Bertamiráns

Martes, 25 agosto, 2020
áS 18:00

O pazo da Peregrina acolle hoxe entre as 18:00 e as 20:00 horas “Xogos do Paporrubio”.

O espectáculo encádrase nas “Brincadeiras Miúdas” e chega a Ames a través do programa Apego.

A actividade, para a que fai falla inscrición previa, é de balde até completar aforo. 

Os xogos do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas, música e sobre todo xogo en familia para gozar grandes e miúdas a partir de dous anos.