Solapas principales

> Ames en Festas: Factoría de Subsistencia e Olympus

Miércoles, 10 agosto, 2022

O Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e XEA colaboran este ano para sumar once días de celebración no cartel “Ames en Festas”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do xoves 4 ao martes 9, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do martes 9 ao domingo 14 de agosto. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto informativo de “Ames en Festas” 2022.

O mércores 10 comezará a música e a verbena nas festas da Peregrina de Bertamiráns, co concerto do grupo Factoría de Subsistencia na praza da Maía, ás 20:30 horas, e coa actuación da orquestra Olympus no campo da festa da Peregrina, ás 23:00 horas. Ambas propostas están organizadas polo Concello de Ames.