Solapas principales

> Actividade astronómica: "Estrelas de Nadal"

Sábado, 17 diciembre, 2022
A partir das 9:00 horas

A Aula da Natureza organiza para o sábado 17 de decembro unha nova actividade, "Estrelas de Nadal", que se celebrará no pavillón do colexio Agro do Muíño. Trátase dunha xornada de astronomía na que os participantes terán a oportunidade de ter unha primeira toma de contacto coa observación do ceo diurno e nocturno. As inscricións deben facerse escribindo ao enderezo electrónico ames@astroemociones.es ou chamando ao número 672 62 93 08.

A actividade dará comezo a partir das 9:00 horas, coa exposición “El Legado de Ellas”. A continuación, ás 9:30, comezarán a desenvolverse diversas sesións de PlanetariumMobile, que terán unha duración de 30 minutos cada unha e acollerán a un máximo de 30 usuarios por cada pase. Ás 10:00 horas terá lugar un obradoiro de elaboración de planisferio celeste. Para rematar as actividades en horario de mañá celebraranse a partir das 12:30 horas sesións de 7 minutos de realidade virtual, nas que poden participar, como máximo, 12 usuarios por cada reprodución.

Xa pola tarde, de 20:00 a 24:00 horas, terá lugar a actividade de astronomía nocturna, na que os asistentes recibirán unha descrición mitolóxica sobre a orixe do universo e observarán as distintas constelacións.