Solapas principales

>25N: Acto institucional e concerto de batukada

Miércoles, 25 noviembre, 2020

A campaña “Ames corta co machismo”, artellada desde o departamento de Benestar Social a base vinilos, bandeirolas e máscaras que reflicten mensaxes e frases alusivas a comportamentos machistas, conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O 25N rematara cun acto institucional na praza do Concello no que se leerá o manifesto e crearase un lazo lla humano . O acto rematará cun concerto de batukada de mulleres a cargo do grupo batukada de mulleres “Trópico de grelos”.

As actividades orgaizadas polo Concello de Ames para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a proxección de dúas películas no marco do Autocine “Ames Drive Cinema” e as Xornadas Acércate á Igualdade, rematarán  cun acto institucional a tarde do 25 de novembro.

Na praza do Concello, leerase o manifesto institucional, crearase un lazo lila humano e repartiranse camisetas e máscaras con sete tipos frases reivindicativas. “Non calo non”, “Caladiña non estou máis guapa”, “No estou tola, teño criterio”, “Na cociña tamén estás ben ti” ou “Fago o que desexo” son algunhas delas.

O acto rematará cun concerto de batukada de mulleres a cargo do grupo batukada de mulleres “Trópico de grelos”.