Agenda

Por ejemplo, 06-11-2024
Jueves, 14 de noviembre de 2024

O Goberno municipal do Concello de Ames iniciou unha rolda de visitas polas parroquias do municipio. O obxectivo destes “Encontros co Alcalde” é recorrer toda a xeografía municipal explicando o traballo que se está realizando dende o Concello, aclarando as dúbidas que poida ter a veciñanza sobre algún tema en concreto e, por último, tomar nota das reclamacións. O 14 de novembro haberá unha xuntanza no local social de Ortoño (A Tarroeira), ás 20.00 horas.

De Viernes, 15 de Noviembre de 2024 hasta Sábado, 16 de Noviembre de 2024

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro para a rapazada a partir de 3º de Primaria, "Autos tolos". Celebrarase na biblioteca do Milladoiro o venres 15 de novembro, ás 17:00 horas, e na biblioteca de Bertamiráns o sábado 16, ás 11:30 horas. As inscricións están abertas dende o 5 ata o 13 de novembro, chamando aos números 981 53 08 07 / 981 88 48 29 ou escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.

Sábado, 16 de noviembre de 2024

O sábado 16 de novembro, de 11:00 a 18:00 horas, a Aula da Natureza organiza un obradoiro de elaboración artesanal de chourizos dirixido a público infantil. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón

Domingo, 17 de noviembre de 2024

Dentro da programación de outono, a Aula da Natureza inclúe unha ruta teatralizada polas Fragas do Tambre o domingo 17 de novembro. O percorrido, de 4 quilómetros, arrancará na aldea de Oca e discorrerá pola capela do Corpiño e preto do río Tambre, rematando no Pazo de Lens. Ao remate serviranse uns petiscos saudables. Os participantes terán servizo de bus. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Martes, 19 de noviembre de 2024

O sétimo arte ten un oco na programación de outono a través da iniciativa “Cine Outono”, que recolle a proxección de tres filmes na Casa da Cultura do Milladoiro durante o mes de novembro, sempre ás 20:00 horas. A primeira será “As Neves”, o día 12; de seguido chegará “Cuñados” o 19 de novembro; e pechará o ciclo o filme “Os espazos en branco o día 26.

Miércoles, 20 de noviembre de 2024

Co gallo da celebración da Santa Icía, patroa dos músicos, do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. A programación comeza o mércores 20 de novembro, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro co concerto dos combos e agrupacións da Escola Municipal de Música de Ames.

Jueves, 21 de noviembre de 2024

Co gallo da celebración da Santa Icía, patroa dos músicos, do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. O xoves 21 de novembro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a actuación do músico Luis Fercán co seu espectáculo "Postales perdidas".

Jueves, 21 de noviembre de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Viernes, 22 de noviembre de 2024

Co gallo da celebración da Santa Icía, patroa dos músicos, do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. O venres 22 de novembro, representarase na Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo de tango “Azúcar, Pimienta y Sal”  no que o cantor de tango Héctor Rial actuará acompañado de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango. A proposta conta cun amplo repertorio no que se conxugan tangos, valses e milongas de onte, hoxe e sempre, ao que se suman bailaríns, abarcando así todas as expresións deste xénero musical.

Viernes, 22 de noviembre de 2024

O venres 22 de novembro, ás 18:00 horas, chegarán á Casa da Cultura do Milladoiro os danzacontos "A marabillosa viaxe da pinga Pingona". Dirixido a nenos e nenas de 1 a 6 anos, trátase de contos danzados orientados a explorar múltiples emocións a través da lingua e da música que terán como protagonistas a amizada, o respecto e a natureza. Será unha fermosa historia de empatía, escoita, comprensión e amizade, ao tempo que as crianzas exploran elementos do mar, o ceo, a terra e o ciclo da auga.