Agenda

Por ejemplo, 28-11-2021
Miércoles, 27 de octubre de 2021

Raquel Queizás achega, o mércores 27, ás 18:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, un conto musical pensado para que as crianzas aprendan a entender e expresar as emocións. "Nano canta croac" está dirixido a nenos e nenas de 0 a 4 anos. De balde Inscrición previa do 19 ao 26 de outubro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Miércoles, 27 de octubre de 2021

Coincidindo ca semana de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido, a Casa dos Maiores de Milladoiro acolle hoxe mércores, 27 de outubro, ás 19:00 horas, unha charla informativa sobre esta doenza.