Agenda

Por ejemplo, 28-11-2021
Domingo, 24 de octubre de 2021

O Festimax presenta dous obradoiros de maxia para a fin de semana.

Será o domingo 24 de outubro na Casa da Cultura de Milladoiro en dúas quendas: o primeiro obradoiro terá lugar ás 11:00 horas e o segundo ás 12:00 horas. Os obradoiros de maxia serán impartidos por dous grandes magos: Nacho Samena e Brandan.

Nacho é un mozo lucense, os seus números caracterízanse polo emprego do humor e é especialista en maxia con obxectos de uso cotiá. Brandan chega dende Sarria para transmitir os seus coñecementos máxicos aos cativos e cativas de Ames nos obradoiros de maxia. Brandan conta cun estilo moi persoal, mesturando humor e maxia a partes iguais.

Os obradoiros están dirixidos á rapazada de entre 8 e 14 anos. As prazas limítanse a 6 persoas por grupo. Para inscribirse hai que mandar un mail co nome, apelidos e teléfono a cultura@concellodeames.gal

Domingo, 24 de octubre de 2021

A Concellería de Deportes colabora este domingo 24 de outubro, das 10.00 ás 13.00 horas, nun obradoiro de defensa persoal feminina no Ximnasio Pavillón municipal de Bertamiráns. O curso é de balde e está organizado pola Asociación de artes marciais Bujutsu Sosei. O prazo de inscrición xa está aberto e farase a través do teléfono 665 841 036, aportando nome e apelidos. Recoméndase ás asistentes levar roupa confortable para realizaren actividade física.

Domingo, 24 de octubre de 2021

O Festimax pecha a súa XVI edición cun Gala Máxica Internacional o domingo 24 de outubro na Casa da Cultura do Milladoiro en dúas sesións. A primeira delas será ás 17:00 horas e a segunda ás 20:00 horas.

Para poder asistir pódense mercar as entradas na billeteira a partir do venres 8 de outubro