Agenda

Por ejemplo, 28-11-2021
Sábado, 23 de octubre de 2021

O Festimax adéntrase na fin de semana con dous obradoiros de maxia.

Será o sábado 23 de outubro na Casa da Cultura de Bertamiráns en dúas quendas: o primeiro obradoiro terá lugar ás 11:00 horas e o segundo ás 12:00 horas. Os obradoiros de maxia serán impartidos por dous grandes magos: Nacho Samena e Brandan.

Nacho é un mozo lucense, os seus números caracterízanse polo emprego do humor e é especialista en maxia con obxectos de uso cotiá. Brandan chega dende Sarria para transmitir os seus coñecementos máxicos aos cativos e cativas de Ames nos obradoiros de maxia. Brandan conta cun estilo moi persoal, mesturando humor e maxia a partes iguais.

Os obradoiros están dirixidos á rapazada de entre 8 e 14 anos. As prazas limítanse a 6 persoas por grupo. Para inscribirse hai que mandar un mail co nome, apelidos e teléfono a cultura@concellodeames.gal

Sábado, 23 de octubre de 2021

Xornada de portas abertas de gandeiría extensiva, exposicións de cogomelos, colmeas antigas e modernas, panais e instrumentos de apicultura e pequenos froitos, presenza de artesáns da cestería e da madeira, mostra dos cereais que se poden cultivar no monte, degustacións de froitos e aceites compoñen a oferta da I Feira do Monte que, organizada pola concellaría de Medio Ambiente, desenvolverase na parroquia de Trasmonte o vindeiro sábado, 23 de outubro. A Feira, que nace con vocación de continuidade, ofrecerá durante todo o día, e co obxectivo de combater o frío, castañas asadas.

Sábado, 23 de octubre de 2021

Celébrase no prazo da Peregrina entre as 16:00 e as 20:00
Os obradoiros están dirixidos a persoas mozas dende os 14 anos, e conta con prazas limitadas.
Para inscribirse débese enviar a ficha de inscrición cuberta.
O prazo para inscribirse está aberto desde o 13 de outubro.
Hai que facelo a través do enderezo electrónico  con.sentido@agasex.org

Sábado, 23 de octubre de 2021

Celebrase hoxe no Pazo da Peregrina entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Os obradoiros están dirixidos a persoas mozas dende os 14 anos, e conta con prazas limitadas.
Para inscribirse débese enviar a ficha de inscrición cuberta a partir do 13 de outubro  con.sentido@agasex.org

Sábado, 23 de octubre de 2021

A concellaría de Mocidade pon en marcha un novo obradoiro no marco do programa de sexualidade positiva con[sentido]. A próxima cita será o sábado 23 de outubro no Pazo da Peregrina onde terá lugar a Obradoiro métodos anticonceptivos. O obradoiro celebrarase entre as 10:30 e as 13:30.

Para asistir é necesario inscribirse enviando un correo a con.sentido@agasex.org

 

Sábado, 23 de octubre de 2021

Coincidindo co Día da Biblioteca, desenvolverase este obradoiro que versa sobre a imprenta.
Está dirixido á rapazada de 3º a 6º de primaria
O obradoiro desenvolverase o sábado, 23 de outubro, ás 11:00 horas na biblioteca de Bertamiráns
O prazo para inscribirse está aberto desde o día 11 até o día 20 de outubro.
As inscricións pódense tramitar teléfonos 981 53 08 07 e  981 88 48 29 ou a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.

Sábado, 23 de octubre de 2021

O Festimax pecha a súa XVI edición cun Gala Máxica Internacional o sábado 23 de outubro na Casa da Cultura de Bertamiráns en dúas sesións. A primeira delas será ás 17:00 horas e a segunda ás 20:00 horas.

Para poder asistir pódense mercar as entradas na billeteira a partir do venres 8 de outubro