Agenda

Por ejemplo, 19-10-2021
Viernes, 17 de septiembre de 2021

O Programa Apego achega a Ames a obra de Teatro "Semente, o home que plantaba árbores" da compañía Eme2 Teatro. A actuación será o venres 17 de setembro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Pódense adquirir os convites na billeteira. Está recomendado a familias con nenos maiores de 7 anos.

Viernes, 17 de septiembre de 2021

Amarcha nocturna sairá ás 22:00 horas da Praza do Concello. Serán 8 km con boa iluminación e un traxecto sinxelo pensado para que poida participar toda a familia. É necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal.

De Jueves, 16 de Septiembre de 2021 hasta Viernes, 17 de Septiembre de 2021

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 16 e venres 17 de setembro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro. O xoves estará de mañá e de tarde, de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas. O venres o horario será só de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.  Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

De Jueves, 16 de Septiembre de 2021 hasta Sábado, 18 de Septiembre de 2021

Un taller de iniciación pensado para que as mulleres maiores de 55 aprendan a andar en bicicleta. A actividade vaise desenvolver os días 16, 17 e 18 de setembro no aparcamento de Agriños no Milladoiro. As mulleres participantes poderán escoller entre dous horarios: de 16:00 a 18:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal.