Agenda

Por ejemplo, 28-11-2021
Viernes, 08 de octubre de 2021

O Programa Apego achega a Ames a compañía Migallas Teatro que representará a obra "Orella Pendella" o venres 8 ás 18:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase dun obradoiro con música en directo para aprender xogos, contos, recitados e cancións, a partir do traballo recollido en "Orella Pendella". Esta dirixida a nenos e nenas de 0 a 6 anos. De balde. Inscrición previa do 30 de setembro ao 7 de outubro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal

Viernes, 08 de octubre de 2021

Language Planning e unha comedia áceda da compañía “Os Quinquilláns”, baseada nos relatos de “Made in Galicia” de Sechu Sende.

A representación terá lugar na Casa da Cultura de Milladoiro o venres, 8 de outubro ás 20:30 horas.

A obra chega a Ames a través do programa “Fala Redes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A función é de balde e os convites poden adquirirse xa na billeteira municipal.

De Viernes, 08 de Octubre de 2021 hasta Jueves, 14 de Octubre de 2021

A exposición “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido” pode visitarse no Pazo da Peregrina (Avnda da Peregrina, 16) até o día 14 de outubro, en horario de 09:00 a 14:00 horas.