Agenda

Por ejemplo, 22-09-2020
Sábado, 01 de agosto de 2020

O grupo A Percutería amenizará a ritmo de batukada o mercado do sábado pola tarde en Bertamiráns.

A actuación terá lugar entre as 18:00 a 19:30 horas.

Sábado, 01 de agosto de 2020

O grupo de música tradicional “A roda” actúa este sábado na Explanada da Casa de Cultura de O Milladoiro.
A actuación, patrocinada pola Deputación de A Coruña, forma parte das actividades organizadas no municipio a través do programa de fomento da economía e a cultura AmesON.
A entrada é de balde até completar aforo.

Sábado, 01 de agosto de 2020

A praza de Manuel Murguía do Milladoiro será o escenario no que se desenvolva a actuación de 4Ta Base.
A sesión vermú comezará ás 14:30
É de balde até completar aforo.

Sábado, 01 de agosto de 2020

Os actores e veciños de Ames, Federico Pérez e Pepo Suevos, actúan hoxe en Bertamiráns:
A función terá lugar ás 22:00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Pepo e Fede poñen en escena o espectáculo “A culpa é do sistema”
A entrada é de balde ate completar aforo.

Sábado, 01 de agosto de 2020

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle entre as 11 e as 14:00 horas un obradoiro que leva por título “Crea a túa bolsa”.
O obradoiro é de balde e está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 123 anos.
O material necesario entregarase no propio obradoiro.
As prazas son limitadas. Os/as asistentes deberán levar máscara.

Sábado, 01 de agosto de 2020

A explanada da Casa da Cultura do Milladoiro acolle o 1 de agosto ás 21:00 horas o espectáculo “Vaia Banda! Vaia Circo!” do grupo Odaiko.
A actividade, subvencionada pola RGTA, na programación do 2º semestre de AGADIC,  encádrase no programa Ameson de fomento dos sectores culturais e económicos de Ames.

A entrada é de balde ate completar aforo.

Sábado, 01 de agosto de 2020

As Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, e a rúa Ameneiral, en Bertamiráns, acollen hoxe a actividade de coches a pedais.
Os horarios son os seguintes:
Praza de Manuel Murguía (Milladoiro): entre as 12:00 e as 14:00 horas.
Rúa do Ameneiral (Bertamiráns): entre as 18:00 e as 20:00