Agenda
Dentro do ciclo Abril de Cine, o martes 23 de abril proxéctase a películaIn the mood for love (Desexando amar), un filme asiático que se desenvolve no Hong Kong de 1962. Neste contexto, Chow, redactor xefe dun diario local, múdase a un edificio habitado principalmente por residentes de Shaghai onde coñece a Li-zhen, unha moza que acaba de instalarse no mesmo edificio co seu esposo. Un día, ambos descubrirán algo inesperado respecto ás súas parellas que o cambiará todo. Nesta ocasión será a directora do aclamado filme “O Corno”, Jaione Camborda, a que acompañe ao público durante o coloquio posterior á proxección. A proxección será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas
O mércores 24 de abril, ás 19:00 horas, o Grupo Chévere impartirá na Casa da Cultura do Milladoiro un obradoiro para aqueles espectadores que queiran saber máis sobre a súa obra “Helen Keller, a muller marabilla?”. Para participar só hai que enviar un correo a cultura@concellodeames.gal indicando nome, apelidos e un teléfono. Ofértanse un máximo de 20 prazas que se adxudicarán por orde de inscrición. Este obradoiro enmárcase no programa de residencias artísticas do Concello de Ames.
O 25 de abril, o recoñecido catedrático de Medicina Legal e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo, ofrecerá unha charla-coloquio na que poderán participar todos os asistentes.
Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).
O venres 26 de abril, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación da obra de teatro "Helen Keller, a muller marabilla?" da man do Grupo Chévere. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Trátase dun espectáculo en lingua oral e lingua de signos.
Durante o mes de abril, a Escola Municipal de Música organiza unha serie de obradoiros musicais dirixidos á veciñanza amesá. O derradeiro obradoiro deste ciclo terá lugar o sábado 27 de abril, e estará dirixido pola asociación Trópico de Grelos. A proposta busca achegar á cidadanía á batucada, e experimentar a percusión dun xeito accesible, dinámico e grupal. Os participantes aprenderán así a relacionarse co instrumento a través de xogos rítmicos, entrando nun ambiente festivo que convida ao movemento e ao baile.
O sábado 27 de abril organízase unha excursión á Ribeira Sacra, de 9:30 a 21:00 horas. Será unha aventura na que os participantes visitarán o Eco-museo do Pazo de Arxeriz, o Eco-espazo de Carballolandia e a ribeira do río Miño. Achegaranse ao mundo das árbores, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos en espazos pensados para o divertimento, o lecer e a convivencia. Esta excursión é de balde, e está dirixida ás familias.
Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).
O venres 3 de maio, ás 17:00 horas, na biblioteca do Milladoiro terá lugar o obradoiro "O outro lado de Luísa, a ilustración", dirixido a nenos a partir de 3º de primaria. As familias interesadas poden inscribirse entre o 22 e o 30 de abril enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indiquen nome, apelidos, curso do neno/a e un teléfono de contacto. Tamén será posible inscribirse chamando ao teléfono 981 530 807.
O venres 3 de maio, ás 18:00 horas, a Fundación Legar levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Arrolar". Dirixido a familias con crianzas de 0 a 2 anos, trátase dun obradoiro para reforzar os vínculos afectivos entre as crianzas máis pequechiñas e as persoas adultas a través do canto. Nel aprenderán arrolos e outras cantigas que
servirán como ferramentas de relaxación para crear espazos de calma.
- 1 de 5
- siguiente ›