Solapas principales

Obradoiro Ames – Construcciones Rivera EDM A Estrada (Liga EBA de baloncesto): ségueo en directo en Youtube

Viernes, 9 diciembre, 2022
O Obradoiro Ames, equipo filial do Monbus Obradoiro que compite na Liga EBA de baloncesto, disputa hoxe 9 de decembro, ás 21.00 horas, o décimo partido da tempada. O Obradoiro Ames disputa os seus encontros como local no pavillón municipal do Milladoiro. Isto foi posible despois do acordo asinado entre o Concello, o Monbus Obradoiro e maila Fundación Obradoiro para que dispute os seus encontros como local no Milladoiro. Ademais de poder asistir de balde ao partido, todos os encontros como local que xogue o Obradoiro Ames poden seguirse en directo a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

O filial do equipo obradoirista pasou a denominarse Obradoiro Ames e a mudar a súa sede ao Milladoiro tras un acordo entre o Concello de Ames, o Monbus Obradoiro e a Fundación Obradoiro. Ademais de que o filial dispute os seus partidos como local na vila amesá, o acordo inclúe outros beneficios, como un 10% de desconto acumulable nos abonos do Monbus Obradoiro, invitacións para partidos da Liga ACB, a celebración dun adestramento-exhibición do primeiro equipo no Milladoiro, ou a colaboración entre o Obradoiro CAB e a AD Básquet Ames.

Ademais de poder asistir de balde aos partidos, que se disputan no pavillón municipal do Milladoiro, a veciñanza e as afeccionadas e afeccionados obradoiristas poden seguir este e todos os encontros que xogue o Obradoiro Ames como local no Milladoiro, a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

Multimedia