Solapas principales

O Concello de Ames oferta dúas bolsas de formación FEUGA para os departamentos de comunicación e normalización lingüística

Jueves, 6 junio, 2019
O Concello de Ames vén colaborando nos últimos anos con FEUGA co obxectivo de ofrecer prácticas para titulados/as en xornalismo e filoloxía galega. Coa titorización de técnicos/as municipais (os responsables das prácticas) os/as bolseiros/as coñecen, por tempo de cinco meses ata un máximo dun ano, o funcionamento dun gabinete de comunicación municipal e do servizo de normalización lingüística.

Na actualidade, está aberto o prazo para inscribirse en ditas ofertas. É imprescindible ser titulado en xornalismo ou filoloxía galega e estar inscrito en FEUGA. Despois hai que inscribirse na plataforma de FEUGA. Farase un proceso selectivo entre os candidatos/as inscritos por cada oferta.