Solapas principales

Novas medidas e aclaracións de interese establecidas pola Xunta de Galicia como consecuencia da evolución da epidemia do COVID-19

Lunes, 23 marzo, 2020
O Concello de Ames informa sobre o acordo do Centro de coordinación operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da comunidade autónoma de Galicia, declarado polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020 como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus Covid-19.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020 declarou a situación de emerxencia sanitaria de interese galego e activou o Plan territorial de emerxencias de Galicia coa conseguinte asunción de todas as actividades de emerxencia polo titular da Presidencia da Xunta de Galicia ou persoa en quen delegue.
 
A activación do Plan implicou a constitución do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), co obxecto de garantir o funcionamento e a operatividade do Plan.
 
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia prevé que para o desenvolvemento do Plan poderán ditarse ordes e instrucións que afecten dereitos da cidadanía nos termos establecidos polas leis, así como adoptarse medidas de obrigado cumprimento para os seus destinatarios e destinatarias, conforme o que se dispoña se así o aconsellan as necesidades da emerxencia e dos bens que hai que protexer.
 
En particular, habilítase o Cecop para revisar ou adaptar ás circunstancias as previsións establecidas no acordo. Premendo ao pé deste aviso podes descargar dito Acordo publicado no DOG o 22 de marzo de 2020.
 
Tamén se poden descargar as novas medidas e aclaracións de interese establecidas na resolución do 21 de marzo de 2020 que establecen o peche dos centros de logopedas, podólogos e fisioterapeutas; medidas do Instituto Galego da Vivenda e Solo; a prohibición temporal de accións de caza; o peche dos servizos das inspeccións técnicas de vehículos; a aclaración sobre desprazamentos dende ou ao lugar de traballo; e novas medidas de aloxamentos turísticos.