Solapas principales

Do 11 Ao 17 de xuño está aberto o prazo para inscribirse na visita ao AquaparK de Cerceda

De Jueves, 10 Junio, 2021 hasta Jueves, 17 Junio, 2021
A actividade está organizada pola concellaría de Mocidade a través do Programa "Trouleando" e terá lugar o 29 de xuño de 2021. Poderán inscribirse os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos que estean empadroados en Ames.

Para apuntarse, hai que cubrir esta ficha de inscrición e enviala a omix@concellodeames.gal.

As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada até completar o número establecido.
Non se comunicará a admisión ou non da praza até que remate o prazo de inscricion e se comproben os datos.

Será preciso contar cun mínimo de 20 mozos/as para desenvolvela actividade. En caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade.

Calquera dúbida pódese contactar coa OMIX no teléfono 616083229 ou o correo electrónico omix@concellodeames.gal.