Solapas principales

AVISO MOI IMPORTANTE Debido a un verquido no río Tambre prégase consumir a auga que sexa imprescindible

Sábado, 11 septiembre, 2021
Debido a un verquido no río Tambre ten que cortarse o abastecemento de auga que vén da potabilizadora de Santiago para o Milladoiro, polo que é importante consumir a auga que sexa imprescindible e moi necesaria, xa que de non poder restablecerse ao longo do día o suministro de auga esgotarase a que actualmente existe nos depósitos municipais, e, polo tanto, haberá que cortar a auga. No correspondente á potabilizadora de Ames-Brión tamén se paralizou o servizo é estase a usar unicamente a existente no depósito xeral de Leboráns, polo que, tamén aconsellamos o aforro e control do uso da auga.