Solapas principales

Amplíase o prazo para participar no concurso "Canta con Ames" ata o 20 de xuño

De Viernes, 11 Junio, 2021 hasta Domingo, 20 Junio, 2021
As persoas interesadas en participar no concurso de karaoke "Canta con Ames" poderanse anotar ata o 20 de xuño, incluído, a pesar de que, inicialmente, o prazo remataba o 13 de xuño.

Recórdase que o certame divídese en catro categorías, a adscrición a cada unha dependerá da idade das persoas
participantes:

  • Primeira categoría: persoas ata 12 anos, categoría infantil.
  • Segunda categoría: persoas a partir de 13 anos ata 20 anos, categoría xuvenil.
  • Terceira categoría: persoas a partir de 21 anos a 60 anos, categoría sénior.
  • Cuarta categoría: persoas a partir de 61 anos en adiante, categoría súper sénior.