Axenda

Ex., 30-07-2021
xoves, 22 de Xullo de 2021 a venres, 23 de Xullo de 2021

A unidade móbil de doazón de sangue estará o 22 e 23 de xullo no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro. O horario será de mañá e de tarde o xoves 22, de 9.30 a 14.30 horas e de 15:30 a 21.00 horas. O venres 23 de xullo estará en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

Xoves, 22 de xullo de 2021

O xoves 22 de xullo o programa "Seráns de Tapia" acolle, grazas á Concellaría de Mocidade, a actuación musical de Broken Peach, a banda de Rock & Soul, ás 20.00 horas.