Axenda

Ex., 18-06-2021
Sábado, 12 de xuño de 2021

O Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiros gratuítos itinerantes relacionados coa tecnoloxía e o Camiño de Santiago, estará na Praza da Mahía en Bertamiráns, o sábado 12 de xuño, e no Milladoiro o martes 15, no aparcadoiro da Casa da Cultura. En ambos lugares o horario será de 17.00 a 19.00 horas. Durante as xornadas, os veciños e veciñas, de todas as idades, poderán participar. Trátase dunha iniciativa coa que colaboran a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Turismo.

Sábado, 12 de xuño de 2021

A Concellaría de Mobilidade, coa colaboración da Policía Local, organiza un proxecto educativo para concienciar aos nenos e nenas sobre as normas básicas de seguridade viaria. Celebrarase o sábado 12 de xuño cunha serie de actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos. A xornada terá lugar no Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Para asistir é preciso inscribirse, antes do 11 de xuño ás 12.00 horas, enviando un email a mobilidade@concellodeames.gal indicando nome e idade do neno ou nena. O/as participantes deberán levar bicicleta, casco e máscara.