Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio O Concello Medios en favor dos...


Medios en favor dos grupos políticos

DOTACIÓN DE MEDIOS PARA OS GRUPOS POLÍTICOS:

No pleno de organización, celebrado o 10 de xullo de 2015, acordouse a dotación de medios en favor dos grupos municipais que se detalla a seguir:

Cada grupo municipal recibirá unha achega económica que constará de dúas variables, unha fixa de 100 euros mensuais, e outra variable de 75 euros ao mes por cada membro do grupo municipal. O grupo municipal Contigo Pódese renunciou a percibir estas dúas contías.

O goberno municipal conta con dous postos de traballo de persoal eventual de confianza: unha administrativa de gabinete de alcaldía e unha auxiliar administrativa.

Ademais, os grupos municipais da oposición (Partido Popular, Ames Novo e Pacto por Ames) contan cos seguintes medios:

-Persoal de confianza: un /unha auxiliar administrativo/a proposto por cada grupo municipal.

-Un local municipal, que está situado na rúa Ameneiral, número 7 B, dotado de mobiliario, ordenador, fotocopiadora, liña telefónica e conexión a Internet.

O grupo municipal de Ciudadanos rechazou a posibilidade de dispor dun auxiliar administrativo/a e de usar este local municipal no pleno de organización, celebrado o 10 de xullo de 2015. Os grupos políticos que forman o goberno (PSdeG-PSOE, Contigo Pódese e BNG) tamén renunciaron aos seus locais a aos auxiliares administrativos/as.

Este acordo plenario faise público para xeral coñecemento.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925