Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

A Consellería de Educación compromete dous colexios e o instituto do Milladoiro

[11-11-2005] Despexáronse tódalas incógnitas sobre o futuro inmediato do mapa educativo de Ames. A Consellería de Educación fixo público este venres o seu compromiso de dotar o noso concello con tres novos centros. Dous son colexios, un para Bertamiráns e outro para o Milladoiro. O terceiro é o tan ansiado -e polémico nos últimos días- instituto do Milladoiro. Estas actuacións inminentes completaranse coa ampliación das instalacións do colexio de Ventín.

O alcalde de Ames reúnese coas responsables da Fundación Rosalía de Castro

[10-11-2005] Revitalizar a figura de Rosalía e o seu legado, ese é o obxectivo que persegue a nova comisión responsable do padroado da Fundación Rosalía de Castro. Xa teñen un plan a cinco anos no que aparecen recollidos os seus proxectos para abrir a entidade á sociedade. Agora só falta que as institucións se impliquen, especialmente os concellos da ruta Rosaliana como é o caso de Ames. Carlos A. Fernández participou nunha xuntanza na que as responsables do legado de Rosalía lles achegaron aos alcaldes da comarca as súas ideas e na que tamén aproveitaron para pedir a máxima colaboración dos concellos.

Os impostos municipais só subirán o IPC no 2006

[09-11-2005] O último Pleno ordinario centrou o seu debate na actualización das contías que deberán pagar os veciños o ano que vén por algúns servizos que lles presta o Concello. A auga, o lixo, o imposto de circulación ou o ICIO son algúns dos prezos que se revisaron. Porén o incremento é parello ao encarecemento da vida xa que estes impostos e taxas só aumentarán un máximo do 3,7%, é dicir, o mesmo que o IPC.

Milladoiro celebra a Festa do Magosto e do Samaín

[09-11-2005] A festa celébrase o sábado 12 de novembro e está organizada pola Concellaría de Cultura e Deportes, a Asociación de Empresarios do Milladoiro, A Asocicación de Veciños A Curuxa, a ANPA As Brañas do CEIP de Ventín e Milladoiro S.D. Cóntase ademais coa colaboración de Arcea-Adames. Os actos comezarán ás catro e media da tarde na praza de Chavián onde se instalará unha carpa para cobixarse no caso de que chova.

É necesario normalizar a lingua nas escolas infantís

[09-11-2005] Pedirlles ás institucións públicas que contribúan a converter as escolas infantís en espazos educativos galegos con identidade propia e que involucren os pais e as nais nesa tarefa é unha das conclusións máis importantes ás que chegou o I Seminario de Dinamización Lingüística para as Escolas Infantís que recentemente se celebrou en Ames. O Seminario estivo organizado pola Concellaría de Educación e a Concellaría de Cultura a través do Servizo de Normalización Lingüística.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925