Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Os rapaces de Ames aprenderon a remar e a facer cometas no campamento das Fragas

[03-08-2005] Aínda co tempo non foi o mellor aliado, os 50 rapaces de entre oito e doce anos que participaron no Campamento das Fragas do Eume, quedaron encantados. Obradoiros de plantas aromáticas e tinxido de panos, excursións e cine nas pallozas foron algunhas das actividades das que gozaron nos sete días que durou o campamento.

26 persoas participan nas II Xornadas Educativas para discapacitados intelectuais

[02-08-2005] 26 persoas participan este ano nas II Xornadas Educativas para discapacitados intelectuais que se celebrarán na Casa de Cultura do Milladoiro dende o o 3 ao 27 de agosto. Alimentación, hixiene bucodental e informática son as áreas elixidas para o traballo cos alumnos. Ademais está previsto que se realice un obradoiro de pintura, baixo o lema "Coas mans na arte".

250 persoas asistiron ao concerto da Orquestra de Acordeóns de Bilbao

[01-08-2005] De "éxito absoluto" califica o concelleiro de Educación e Deportes, Xosé Manuel Fernández, o concerto que esta fin de semana ofreceu no Pazo da Peregrina a Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao. Os asistentes gozaron dun repertorio variado entre o que destacou a "Negra Sombra" de Xoan Montes.

Alberto Trillo Barca gañou a X Travesía a Nado "Praia de Tapia"

[01-08-2005] 50 nadadores de todas as categorías participaron na X Travesía a Nado "Praia Fluvial de Tapia". Tempo soleado e augas frías acompañaron aos deportistas durante toda a xornada. 200 persoas seguiron a proba.

Mozos de Ames van de campamento a Cantabria

[31-07-2005] 35 mozos e mozas do concello de Ames partiron para o Albergue de Cabarceno en Cantabria. Durante doce días gozarán dun campamento encravado nun paraxe natural privilexiado e mesturarán actividades de ocio e diversións clásicas con dinámicas de educación sociais e ambientais.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925