Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Cristina Pato actúa nas Festas da Madalena do Milladoiro

[05-08-2005] A gaiteira Cristina Pato ofrece hoxe un concerto ás dez da noite, no aparcadoiro do Pavillón de Deportes do Milladoiro. O espectáculo, copatrocinado por CAIXA GALICIA e a concellaría de Cultura de Ames, enmárcase dentro do programa das Festas da Madalena do Milladoiro.

A TVG asistiu á inauguración das II Xornadas de Educación para Discapacitados Intelectuais.

[05-08-2005] A alimentación foi o tema elixido para a primeira clase das II Xornadas educativas para discapacitados intelectuais que durante este mes se celebran no Milladoiro. A Televisión de Galicia estivo presente e emitirá unha reportaxe sobre o curso o vindeiro domingo, día sete, no Telexornal Local de Santiago, a partir da 13,30.

Cristina Pato actuará o venres 5 no Milladoiro

[04-08-2005] A gaiteira Cristina Pato ofrecerá un concerto o venres, ás dez da noite no aparcadoiro do Pavillón de Deportes do Milladoiro. O espectáculo, co-patrocinado por CAIXA GALICIA e a concellería de Cultura, enmárcase dentro do programa das Festas da Madalena do Milladoiro.

O Concello destina 112.500 euros ás axudas por familia numerosa, nacemento, adopción e acollemento

[04-08-2005] As familias numerosas poderán beneficiarse dunha axuda de 1.200 euros, en tanto que 600 euros serán entregados a aquelas familias que teñan un fillo novo, adopten ou acollan un neno. Os requisitos requeridos son estar empadroados en Ames e acreditar unha determinada situación económica. O prazo de solicitudes comeza o un de setembro.

O alcalde e o concelleiro de Deportes entregaron o "Trofeo de Ames" no Campionato de Supercross- Brins

[04-08-2005] O alcalde de Ames, Carlos Antonio Fernández Castro e o concelleiro de Cultura e Deportes Xosé Manuel Fernández López entregaron os trofeos aos gañadores do Campionato Galego de Supercross â?? Brins que organiza o moto club Ameixenda de Ames.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925