Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Asinado o convenio para a construción do novo colexio de Bertamiráns

[15-11-2005] O alcalde e maila concelleira de Educación reuníronse esta mañá en Santiago coa conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón. O motivo da xuntanza foi a sinatura do convenio de colaboración para a construción do Centro de Educación Infantil e Primaria de Bertamiráns. A a Xunta investirá nesta actuación un total de 2.292.364,79 euros. Desta maneira comezan a materializarse os compromisos adquiridos o venres pasado pola consellería en relación coa dotación educativa de Ames, que prevé a construción doutro colexio e máis un instituto no Milladoiro

O Milladoiro respondeu á festa do magosto

[14-11-2005] Preto de 2.000 persoas participaron da Festa do Magosto e do Samaín que se celebrou o pasado sábado, día 12, na praza de Chavián do Milladoiro. A actividade estivo organizada pola Concellaría de Cultura e Deportes de Ames, a Asocicación de Veciños A Curuxa, a ANPA As Brañas do CEIP de Ventín e o clube Milladoiro S.D. Contouse ademais coa colaboración de Arcea-Adames.

Destínanse 30.000 euros á mellora dos campos de fútbol municipais.

[13-11-2005] A Concellaría de Cultura e Deportes investie 29.818 euros na mellora dos campos de fútbol municipais de Agrón, Bugallido e Ortoño . O investimento forma parte do plan de melloras globais das instalacións deportivas de Ames que a Concellaría ven realizando desde hai tempo co obxectivo de que os deportistas locais practiquen as súas actividades cada vez en condicións máis óptimas.

Sae a concurso a xestión da piscina municipal

[13-11-2005] Desde hai algúns días está aberto o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas técnicas de cara a facerse coa xestión da nova piscina cuberta. Os pregos técnicos e administrativos -que xa están dispoñibles no apartado de convocatorias- reflicten o interese do Concello por acadar unha xestión na que prime a prestazón dun servizo variado e de calidade.

Adxudicadas as obras de rehabilitación do contorno etnográfico de Lapido

[11-11-2005] O muíño e a capela da Mercé veranse favorecidos polas obras de restauración global que o Concello de Ames ten previsto realizar no contorno etnográfico e arquitectónico de Lapido. As obras incluirán a restauración da pontella que comunicaba os lugares de Lapido e A Barreira e a creación dun centro permanente de exposicións. A unión temporal de empresas formada por Ponciano Nieto S.L. e Alcuba S.A. foi a gañadora dun concurso que tardou en resolverse algo máis dun mes por causa dun recurso presentado pola Federación Galega da Construción.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925