Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

20 mozos de Ames visitan o Parlamento Europeo

[27-06-2005] 20 mozos de Ames viaxaron á capital europea no marco do programa "Ven connosco a Bruxelas", actividade encamiñada a que os xoves comunitarios coñezan o funcionamento da institución comunitaria e a multiculturalidade das nacións que conforma a UE.

250 deportistas toman a saída na VI Milla Urbana

[17-06-2005] A participación na Milla Urbana deste ano superou as previsións da Concellaría de Deportes. Un total de 250 corredores e corredoras están inscritos na proba, que ten como punto de saída e de chegada o paseo fluvial de Bertamiráns. A carreira concíbese como unha xornada de encontro co deporte popular no que o de menos é gañar. Con todo, nela medirán forzas atletas profesionais e afeccionados.

Todo preparado para a Festa da Natureza

[07-06-2005] Catro autobuses percorrerán o domingo, 11 de xuño, durante todo o día as distintas parroquias do concello. O obxectivo é que todos os veciños e veciñas que o desexen poidan achegarse a Tapia para participar na II Festa da Natureza e volver ás súas casas sen necesidade de utilizar coches particulares. Pero nesta ocasión, non se trata só de ofrecer un servizo público. O transporte colectivo é unha máis das múltiples propostas coas que a Concellaría de Medio Ambiente, organizadora da festa, tentará concienciar á cidadanía durante todo o día sobre a necesidade de participar no mantemento, a mellora e a recuperación do medio natural.

Rufino arrasa entre os máis pequenos

[14-05-2005] Estes días o dinosauro Rufino celebra a súa estrea no mundo literario. E é que o Concello e a editorial 3C3 están promocionando entre os rapaces a publicación do libro que conta as súas andanzas. Rufino e as súas rufinadas é unha obra coral escrita por Itos Lorenzo e ilustrada polos nenos e nenas de 3º do colexio do Bispo Guerra Campos. Antonte presentouse en Bertamiráns e hoxe toca facelo na biblioteca municipal do Milladoiro.

Búscase arquitecto/a e un asesor/a xurídico en urbanismo

[09-01-2005] Con cargo á oferta pública de emprego de 2005 o Concello de Ames vén de convocar unha praza para cubrir a vacante do posto de asesoría xurídica para o departamento de Urbanismo. Do mesmo xeito, tamén está aberto o prazo para que os interesados en facerse coa praza de arquitecto municipal boten as súas instancias.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925