Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas


Novas

Remata a Escola de Verán que este mes contou coa participación de 143 nenos e nenas

[31-08-2015] Unha visita á nave que Circo Nove ten nas Cancelas, en Compostela, saídas para ver os Petroglifos do Vilar, as Hortas Urbanas, os bosques de Biduido e o castelo da Rocha Forte, concursos de cociña, piscina, gravacións de documentais nos que os nenos e nenas exerceron de xornalistas, de actores, de cantantes e de magos, construción de refuxios e montaxe de tendas de campaña, elaboración de maquetas de Milladoiro e Bertamiráns e traballo con emocións son algunhas das actividades máis salientables que este ano fixeron os nenos e nenas que participaron na Escola de Verán durante os meses de xullo e agosto. Os rapaces e rapazas despídense hoxe dos seus compañeiros/as e monitores/ realizando festivais nos que se resume o tempo de convivencia. A Escola e Verán dará paso ao Setembro Lúdico, o programa que facilita ás familias de Ames a conciliación da vida laboral e familiar no tempo que transcorre entre a Escola de Verán e o inicio do curso escolar.

O Goberno arranxará unha praza no Milladoiro e varios camiños en Ventosa

[31-08-2015] O Goberno Municipal, reunido en Xunta de Goberno, ven de adxudicar as obras de adecuación da praza situada entre as rúas do Agro da Madalena e a Avenida Rosalía de Castro, ademais de obras de mellora en diversos camiños -camiño de Ventosa, camiño de Foxos e camiño de Outeiro- do lugar de Ventosa, na parroquia de Ames. Todas estas obras están incluídas no Plan de Obras e Servizos da deputación Provincial de A Coruña correspondente ao exercizo 2015 e acadan un valor de 180.000 euros.

A Asociación cultural San Xoanciño de Pousada honrará á virxe de Lourdes cunha alfombra floral

[29-08-2015] Unha alfombra floral engalanará o adro da capela de San Xoanciño de Pousada e percorrerá os sesenta metros que separan o cruceiro do campo da festa para honrar á Virxe de Lourdes, cuxa festividade se celebra o domingo, día 31 de agosto, no lugar de Pousada, na parroquia de Ames. A alfombra, elaborada polos membros da Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada, poderá visitarse o domingo día 30 pola mañá. O grupo Allegro cantará na misa solemne que se celebrará ás 13:30. Tralos actos relixiosos realizarase a correspondente procesión pola alfombra floral e actuará o grupo de pandereteiras As Maianas.

O "Vagalume 2015” trae ao campo das Pateiras a Ruxe Ruxe, Biribirloque, Desequilibrio Mental e Stoyka e Ponte Maceira iluminárase con velas.

[28-08-2015] O campo das Pateiras, en Bertamiráns acollerá hoxe a partir das nove da noite o “Vagalume” 2015, un concerto de rock que organiza a Asociación Cultural Pedra da Mira e no que participarán os grupos Ruxe Ruxe, Biribirloque, Desequilibrio Mental e Stoyka. O Concello de Ames colabora coa iniciativa poñendo o palco e a carpa. Por outra banda, o lugar de Ponte Maceira será escenario de “Noites en vela”, unha iniciativa do concello de Negreira coa que colabora po concello de Ames e que permitirá gozar da visión da ponte iluminada tan só por velas durante coarenta minutos a partir das once da noite, mentres se escoita ao grupo de cámara Minuetto.

O goberno de Ames busca solucións aos problemas de tráfico do Milladoiro e quere crear unha senda peonil que una esta localidade con Santiago.

[28-08-2015] O alcalde de Ames ben de solicitar unha reunión urxente con Ángel González del Río, Xefe de Demarcación de Carreteras en Galicia. O obxectivo desta xuntanza é o de estudar posibles medidas para a redución do tráfico da N550 ao seu paso polo Milladoiro e a viabilidade de crear unha travesía ou senda peonil que una esta localidade co concello de Santiago.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925