Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias


Noticias

O alumnado de bacharelato do IES do Milladoiro achegouse hoxe ao mundo laboral da man de vinte e oito profesionais

[12-04-2019] Vinte e oito profesionais achegaron hoxe a súa experiencia laboral ao alumnado de bacharelato do IES do Milladoiro ao abeiro do programa “Construíndo o meu camiño”. Esta iniciativa, organizada pola ANPA do IES do Milladoiro coa colaboración do propio centro e o Concello de Ames, buscou servir como ponte entre os mozos e mozas de bacharelato e o seu futuro profesional, tentando achegarlles a maior información posible sobre as saídas laborais ás que poderán optar. A actividade desenvolveuse no propio centro entre as 11.40 e as 14.30 horas.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres unha revisión dos mellores monólogos de Carlos Blanco

[11-04-2019] Carlos Blanco fai unha parada na Casa da Cultura de Bertamiráns este venres, 12 de abril, para facer un repaso polos mellores monólogos do seu repertorio. Durante 60 minutos, o actor revisará os seus monólogos máis coñecidos e botará man da improvisación para engadirlles referencias e reflexións sobre as cuestións máis actuais. As entradas postas á venda na Billeteira electrónica xa están esgotadas, polo que só quedan dispoñibles o 10% reservado para vender en taquilla unha hora antes do espectáculo.

O Concello de Ames realiza unha enquisa entre os e as usuarias das Escolas deportivas municipais

[11-04-2019] Durante o mes de abril, a Concellaría de Deportes de Ames está a repartir unha enquisa entre os usuarios e usuarias das escolas deportivas co obxectivo de coñecer a súa opinión sobre este servizo municipal. A través das dez cuestións que se articulan nesta sondaxe búscase coñecer que aspectos son máis sensibles de mellora baixo o punto de vista da cidadanía, así como outras disciplinas que poderían ter demanda no caso de incorporarse á oferta xa existente. Neste curso 2018-19 hai arredor de 1.900 persoas inscritas nalgunha das 20 actividades ofertadas.

Adxudícanse as obras de Leboráns a Calo á empresa OVIGA S.L. por un importe de 57.420,01 euros

[11-04-2019] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto que recolle as obras de mellora dos viarios que van de Leboráns a Calo, na parroquia de Trasmonte. Dita obra foi adxudicada á empresa Obras y Viales de Galicia S.L. por un importe de 57.420,01 euros, IVE incluído. Estas actuacións están incluídas no Plan único de concellos “POS+ 2018”.

O alumnado do obradoiro de memoria do programa Amessan participou nunha visita ao Museo Pedagóxico de Galicia

[11-04-2019] Os alumnos/as dos grupos da Ameixenda, Cruxeiras e Milladoiro da actividade de memoria, do programa Amessan, visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia. En dito museo expóñense permanentemente as recreacións de instalacións escolares doutros períodos, así como outros recursos pedagóxicos da historia da educación en Galicia. Nesta visita tamén participou o profesor que imparte este obradoiro, Xacobe Varela.


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925